the galician way
 

GalicianTunes

Novas

A música galega pecha con éxito a súa primeira participación na Feira Internacional da Música de Bos Aires (BAFIM)

[23/11/09] A participación de Galicia na BAFIM (Buenos Aires Feria Internacional de la Música) concluíu onte cun primeiro balance moi positivo tanto no que se refire á gran acollida dos concertos programados como aos novos contactos establecidos polas empresas galegas cara a próximas accións comerciais en Latinoamérica. Carlos Núñez, Xoel López e Vestuta Morla, Uxía e Alô Irmao (Fran Pérez "Narf" e Manecas Costa) reuniron preto de 4.000 persoas nas catro actuacións celebradas a pasada semana en diferentes teatros e salas de Bos Aires como parte dunha programación especial que foi publicitada en toda a cidade baixo a marca Galician Tunes. [ ... ]

Principia en Bos Aires a actividade musical galega despregada con motivo da BAFIM

[20/11/09] A delegación galega desprazada a Bos Aires con motivo da Feria Internacional de la Música (BAFIM) iniciou a súa actividade de promoción musical mediante a súa instalación cun stand propio no recinto feiral de Costa Salguero e a celebración con gran éxito dos primeiros concertos, a cargo de Carlos Núñez, Xoel López e Vetusta Morla, en distintos escenarios da cidade. [ ... ]

A música galega entra na BAFIM de Bos Aires con concertos de Carlos Núñez, Xoel López, Vetusta Morla, Aló Irmao e Uxía

[13/11/09] Unha importante representación da industria musical de Galicia a través de cinco empresas e dúas asociacións profesionais do sector, e un programa de concertos a cargo de varios dos músicos máis recoñocidos da escena da comunidade: Carlos Núñez, Xoel López, Vetusta Morla, Aló Irmao e Uxía. O escenario, Bos Aires, unha das cidades mundiais con máis presenza galega, onde se celebrará, entre o 19 al 22 de noviembre, o BAFIM (Buenos Aires Feria Internacional de la Música). Esta é a nova aposta presentada hoxe polo conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña, que contará ademáis co apoio da AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) e que se inclúe dentro do conxunto de estratexias planificadas para a difusión do sector musical galego no ámbito latinoamericano. [ ... ]

Campus Stellae ensemble na Franqueira

[11/07/10] de Jenios SL

Concerto do Campus Stellae ensemble o 15 de agosto no Santuario de Nosa Señora da Franqueira (A Cañiza) ás 18 h. [ ... ]

Campus Stellae no Congreso Nacional de Artes Gráficas

[05/06/10] de Jenios SL

O Coro Campus Stellae actuará o 11 de xuño na clausura do Congreso Nacional de Artes Gráficas no Claustro do Hotel Monumento San Francisco ás 20:30 h. [ ... ]

Evento actual

BAFIM, a música galega dá o salto a Iberoamérica

BAFIM, a música galega dá o salto a Iberoamérica

A música galega dá un novo paso cara á súa entrada no mercado iberoamericano a través da súa participación por vez primeira en BAFIM. Á feira, que se desenvolverá entre o 19 e o 22 de novembro, acudirán cinco empresas (EsmerArte Servicios Artísticos, Keltia Producións, Nordesía, Ouvirmos e Lonxa Cultural) e as asociacións AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais) e Agaphono (Asociación Galega de Produtoras Fonográficas. A delegación galega -que viaxa co respaldo da Consellería de Cultura e Turismo, a través da AGADIC- contará cun stand propio neste importante encontro internacional. Co gallo de dar a coñecer a música galega, distribuirase entre os profesionais acreditados en BAFIM un CD no que se inclúe unha selección de temas interpretados por diversos artistas. Podes escoitalos en liña aquí. [ ... ]

xxx



Vídeos

Galician Tunes: Womex 2008 Galician Tunes: Womex 2008
Ver todos os vídeos

Próximas accións

Womex 2009, a música galega a Copenhague

O vindeiro 28 de outubro a capital dinamarquesa colle o relevo de Sevilla como sede de Womex, o encontro de maior relevancia para as músicas de raíz de todo o mundo. A nosa música, por terceiro ano consecutivo, estará presente de novo neste evento grazas á participación das principais empresas do sector. Ademais, entre as iniciativas e estratexias que a delegación galega trasladará a Copenhague para vender a música galega no estranxeiro distribuirase un cd cunha selección de temas dos nosos mellores grupos e solistas e unha guía dos festivais e ciclos musicais máis destacados.

Ver todas as accións

Galería

Expositor do Womex '09
 Expositor do Womex '09
GalicianTunes, en Copenhague
GalicianTunes, en Copenhague
'Galician Focus Night'
 'Galician Focus Night'

'Galician Focus Night'
'Galician Focus Night'
Womex '07
Womex '07
Popkomm '07
Popkomm '07

Ver todas as galerías

Consellería de Cultura e Deporte
Agadic
Agadic