Vídeos
Galician Tunes: Promo 2008
Womex, a feira de World Music máis importante do mundo, tivo a Galicia como marca cultural distinguida. Coas actuacións de Mutenrohi, Xosé Manuel Budiño e Narf durante a 'Galician Focus Night', Galiza foi o único país que tivo tres representantes en directo durante a feira, celebrada esta vez en Sevilla. Este vídeo ofrece unha selección da mellor música galega do momento, prestando especial atención aos xéneros tradicionais e de raíz.
Promo Womex 2007
Esta é unha selección da produción musical galega de 2007. As bandas e os artistas que a compoñen forman parte da creación musical galega, con artistas de todos os estilos, desde a música tradicional ás últimas vangardas. Para Womex, AGADIC comprácese en presentar esta selección de artistas galegos recoñecidos tanto a nivel local como internacional.
Música galega, o espírito de Finisterrae.